search
top
  General

JULIO SEQUEIROS TIZÓN

¿Nos rescatarán finalmente?

¿continuará creciendo el desempleo?

¿nos subirán aún más los impuestos?

¿hacia donde vamos ?

¿hay dos Europas?

 

HOY a las 20.00 en la CEO  TIENES LA OPORTUNIDAD DE HACERLO 

CONFERENCIA DE JULIO SEQUEIROS TIZÓN

Doctor en CC. Económicas y Empresariales , 1981. Docteur d´État ès-Sciences Économiques et Droit, 1987. Catedrático de Estructura Económica. Universidad de La Coruña Director Departamento Economía Aplicada I. Vicepresidente de la Sociedad de Economía Mundial. Contertulio en TV y articulista en prensa.

Aniversario de a.dFuga

Primeiro aniversario, o día 1 de Decembro ás 20h.

:: Desfile AM (Arte e Moda)::

. Pases dos deseños de artistas e deseñadores emerxentes (Basilisa Fiestras, Pily Montes, Carla López, Sandra Fuentes, Ana Rodríquez, Sheila Pazos,  Javier Navarro…)

. Estudio de fotografía e vídeo a cargo das artistas Tania Pérez e Zaira Barcia, no que os asistentes ó desfile se poderán retratar.

. Música instrumental en directo dos alumnos da Academia Da Vinci de Noia.

. Estará presentado polo periodista Carlos Roma.

Estas e outras sorpresas máis o día 1 de decembro!! Reserva praza: info@apuntodfuga.com / 671322172

Entrada + viño + picoteo = 3 euros/persoa. Aforo limitado.

E para abrir boca, o mesmo día 1 de Decembro de 11.30 a 13.30 h, as artistas Basilisa Fiestras e Paula Cabaleiro impartirán o Taller Creativo Arte-Papel-Tesoiras , para nenos de 4 a 12 anos, sós ou acompañados dun adulto. Reserva a túa praza.

 

XIV SEMANA AUDIOVISUAL DO CLUBE ALPINO

Estamos xa na XIV Semana Audiovisual do Clube Alpino Ourensán que se acolle no Auditorio Municipal e que organiza o mesmo Clube Alpino Ourensán co patrocionio especial da Fundación Florencio Álvarez – María Teresa Estebán e que comeza esta tarde.

Mércores 28 de novembro ás 20.30 h.

Islandia: «Entre lusco e fusco»

Miriam Martínez Ferreiro e Mar Pallás Valleros

Nesta proxección adentrarémonos nas terras altas  e mostrarémosvos uns dos trekin máis fermosos do mundo, que parte de Landmannalaugar e  remata en Skógar.

Xoves 29 de novembro ás 20:30 h.

«La bicicleta: otra forma de viajar»

Roberto Mateos García

Unha sinopse de imaxes de natureza, persoas e lugares coñecidos a través do medio de transporte máis enxeñoso do ser humano. Gozaremos de paisaxes desérticas en Australia e Marrocos, grandes reservas de auga dulce en Chile e Islandia, parques nacionais en Tanzania e Arxentina. Coñeceremos grupos étnicos de Myanmar e Sumatra y visitaremos lugares emblemáticos como o Capitolio Nacional de La Habana, o campo de concentración de Mauthausen en Austria e cidades Patrimonio da Humanidade como Luang Prabang, Laos.

Venres 30 de novembro as 20:30 h.

«Ascensión ao Annapurna, a montaña máis temida do Himalaia»

O pasado 6 de maio Sechu López acadou o cumio do Annapurna, sendo o primeiro galego en conseguilo. Esta mítica montaña de 8.091 metros, situada no Himalaia de Nepal, está considerada como a máis perigosa dos 14 oitomiles. Durante a ascensión, a maioría dos alpinistas decidiron renunciar polas continuas avalanchas… pero o galego e algúns máis decidiron continuar subindo, para seguir intentando facer realidade os seus soños, chegar ao máis alto. Conseguiu acadar o cumio loitando contra as adversidades, convencido de que superar o reto era posible. Podería ser coraxe, pero necesítase algo máis, necesítase paixón.

COOPERATIVISMO INTEGRAL

Ponentes:

Rafael García Alonso e Marcos Gay Varela – Cooperativa Integral Galega

CICLO DE CHARLAS, MESAS REDONDAS E DEBATES SOBRE MEDIOS DE COMUNICACIÓN, COOPERATIVISMO, ASEMBLEARISMO E CRISE FINANCIEIRA.

Edificio de Ferro da Universidade

28 de novembro 20.00 h entrada gratuita

Escenografías para belenes

A proposta está no Ateneo de Ourense, chega da man de Carro Artesanos, unha empresa de recente creación nacida da inquietude artística da súa responsable Paz Carro Senra, involucrada de xeito profesional no mundo belenista nos últimos 15 anos. 

As pezas elabóranse de modo totalmente artesanal, utilizando para elo materiais naturais como ramas, area, cortiza, barro, vexetación…, e outras como xeso, polistireno, madeiras, etc, co que se pretende que cada peza sexa unha obra única.

top