“Cores de Primavera”
Ponte Vella Centro Comercial e Fundación Cum laude agradecen a alta participación e queren contribuir ao recoñecemento de todos e cada un dos traballos presentados.
Esta exposición representa unha pequena mostra da cantidade e calidade de todas as fotografías presentadas. Con ela queremos agradecer e homenaxear aos participantes no noso III Certame de Fotografía Dixital, que nesta ocasión se centrou nas cores da primavera.
A calidade artística, a técnica, a creatividade, a orixinalidade e tamén o sentimento estiveron presentes nos traballos presentados e destacaron o esplendor da estación máis vistosa do ano.
Vémonos o martes 21 de xuño ás 18:30h en Pontevella Centro Comercial para a entrega dos agasallos aos premiados e a inauguración da Exposición das 25 mellores fotografías.
Moitas Gracias por participar!!
