search
top

» Soas «


 

O proxecto ‘Soas’, naceu como a resolución dunha inquedanza común das dúas grandes Cristina Pato e Rosa Cedrón, que souberon e saben comunicar a nosa música dentro e fora das fronteiras de Galicia.

Ligadas ambas á formación clásica, Cristina coa súa importante carreira ao piano, e Rosa co violoncello, confluen na necesidade de expresar a innegable conexión entre esa formación clásica e as súas experiencias no ámbito da música galega.

Un selecto repertorio que comprende obras propias e grandes clásicos galegos de diferentes épocas.

ESTA TARDE ás 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense

 

Leave a comment

top