Mercado de Arte, para Artistas
Sobre Álvaro Vargas:
Director de Espacio Plano B, galería dedicada á difusión e comercialización de arte contemporáneo, e á producción e execución de proxectos culturais.
Director da feira de arte emerxente ROOM ART FAIR Madrid.
Programador cultural da Universidade Complutense a través do Vicerreitorado de Cultura, a Delegación Central de Estudantes ou A Casa do Estudante [2003-2008].
Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid, Técnico Superior en Realización de Audiovisuais e Espectáculos, Técnico Superior en Imaxe.
¨Cómo introducirse en el Mercado del Arte¨
imparte ÁLVARO VARGAS
O obxectivo principal que nos plantexamos con este curso é aportar as ferramentas necesarias a artistas visuais para introducirse no mundo/mercado da arte e que dividiremos nos seguintes apartados:
– Elaboración do dossier do/a artista ou proxecto expositivo. Contido do documento e presentación/forma do mesmo.
– O mercado da arte e os seus axentes. Percorrido polos principais actores que interveñen no mundo da arte e que afectan á carreira e difusión do/a artista.
– As galerías como vía natural para introducirse no mercado.
– Como poñerse en contando cunha galería. Sendas habituais para que o/a artista consiga formar parte dos artistas representados por unha galería.
– A relación artistas/galerías. Unha vez conseguido o espazo co que traballar como se establece esta relación, contrato e dereitos/obligacións tanto do/a galerista como do/a artista.
![como introducirse en el mercado del arte [para artistas]_A.dFuga](https://i0.wp.com/www.fundacioncumlaude.com/wp-content/uploads/2013/01/como-introducirse-en-el-mercado-del-arte-para-artistas_A.dFuga_1.jpg?resize=280%2C395&ssl=1)
– Algúns aspectos legais. O contrato, porcentaxes, xestión de ventas, imaxe e comunicación.
– A relación comisario/artista. Contacto, traballo, temas recurrentes.
– O/A artista como comisario/a.
– Presenza do artista en Internet e redes sociais. A transformación do mercado debido ás novas tecnoloxías.
– A importancia das relacións públicas para introducirse no mercado.