search
top

XIV SEMANA AUDIOVISUAL DO CLUBE ALPINO

Estamos xa na XIV Semana Audiovisual do Clube Alpino Ourensán que se acolle no Auditorio Municipal e que organiza o mesmo Clube Alpino Ourensán co patrocionio especial da Fundación Florencio Álvarez – María Teresa Estebán e que comeza esta tarde.

Mércores 28 de novembro ás 20.30 h.

Islandia: «Entre lusco e fusco»

Miriam Martínez Ferreiro e Mar Pallás Valleros

Nesta proxección adentrarémonos nas terras altas  e mostrarémosvos uns dos trekin máis fermosos do mundo, que parte de Landmannalaugar e  remata en Skógar.

Xoves 29 de novembro ás 20:30 h.

«La bicicleta: otra forma de viajar»

Roberto Mateos García

Unha sinopse de imaxes de natureza, persoas e lugares coñecidos a través do medio de transporte máis enxeñoso do ser humano. Gozaremos de paisaxes desérticas en Australia e Marrocos, grandes reservas de auga dulce en Chile e Islandia, parques nacionais en Tanzania e Arxentina. Coñeceremos grupos étnicos de Myanmar e Sumatra y visitaremos lugares emblemáticos como o Capitolio Nacional de La Habana, o campo de concentración de Mauthausen en Austria e cidades Patrimonio da Humanidade como Luang Prabang, Laos.

Venres 30 de novembro as 20:30 h.

«Ascensión ao Annapurna, a montaña máis temida do Himalaia»

O pasado 6 de maio Sechu López acadou o cumio do Annapurna, sendo o primeiro galego en conseguilo. Esta mítica montaña de 8.091 metros, situada no Himalaia de Nepal, está considerada como a máis perigosa dos 14 oitomiles. Durante a ascensión, a maioría dos alpinistas decidiron renunciar polas continuas avalanchas… pero o galego e algúns máis decidiron continuar subindo, para seguir intentando facer realidade os seus soños, chegar ao máis alto. Conseguiu acadar o cumio loitando contra as adversidades, convencido de que superar o reto era posible. Podería ser coraxe, pero necesítase algo máis, necesítase paixón.

Leave a comment

top