6 Abr 21
Filed under: Conferencias,Convocatorias.
Baixo o título “O bosque atrapado na cidade: Biodiversidade e estratexias de conservación”, Laura Iglesias e Antonio Ferreirós, ornitólogos e naturalistas, compartirán con nós o seu coñecemento sobre a riqueza e biodiversidade dos espazos urbáns.
O crecente papel das cidades no noso planeta, tanto en relación á superficie de territorio que ocupan como ao seu consumo de recursos, fai necesario reformularse cal é o seu papel nas estratexias de conservación da Natureza e non deixalas á marxe destas.
Ao remata-la sesión (de apróximadamente 45 minutos) poderemos plantexarlles as nosas dúbidas.
Lembrade que esta é unha conferencia divulgativa aberta a todo aquel que estea interesado. Non dubides en compartir esta invitación!
Vémonos! Unha aperta #SonÁrbore