search
top

Olladas sobre o 8M

O Ateneo de Ourense ten organizado para o martes, día 8 de marzo, ás 20:00 horas unha mesa redonda:

“Olladas sobre o 8 – M” con Eva Torres Rodríguez “A nosa ollada é cultura …a cultura e liberdade”, Celia Pereira PortoEntre a transversalidade da perspectiva de xénero e un novo existencialismo” e Ángeles Rodríguez Baliño “Aunque falta mucho y, a pesar de todo, muchas cosas han cambiado”.


Na sede temporal do Ateneo de Ourense

Centro Cultural Marcos Valcárcel c/ Progreso 30

BREVE CURRÍCULO DE ANGELES RODRIGUEZ BALIÑO

Licenciada en Medicina e Cirurxía. Dende 2004 inspectora médica da Seguridade Social na Dirección Provincial de Ourense. Dende 2009 preside a Fundación Cum Laude, unha ONG que nace para dar forma institucional ás iniciativas que nos campos de educación, cultura e solidariedade estaba a realizar a familia Quintáns Rodríguez centrada en actividades culturais (por citar unha, este ano organizarán a VII Bienal de Pintores Mozos/Jóvenes) e no apoio a outras entidades con proxectos sociais. Ten colaborado ademais en proxectos educativos e sanitarios en Camerún, Birmania e Perú entre outras moitas actividades.

BREVE CURRÍCULO CELIA PEREIRA PORTO

Licenciada en Dereito en 1994, Doutora en Dereito no ano 2000. Ampla actividade profesional como investigadora e docente e Avogada Laboralista dende o 2005, relatora en multitude de Cursos, Congresos e Seminarios ca temática de Igualdade e Discriminación de xénero, ademais de moitas participacións e estudos sobre Concepción Arenal. Membro correspondente da Real Academia Galega.

Ten realizado monografías, artigos, traducións, capítulos en libros e unha participación na Enciclopedia Galega Universal. Xurado de numerosos premios e actualmente Presidenta da Fundación Vicente Risco de Allariz dende o 2021.

BREVE CURRÍCULO  EVA TORRES RODRÍGUEZ

Licenciada en Belas artes pola universidade de Granada. Master e estudios superiores en restauración, rehabilitación e xestión do patrimonio cultural artístico pola universidade de Alcalá de Henares.
Dende 2004 directora do Museo municipal de Ourense.
Desde 2007 Directora Técnica de espazos expositivos e Áreas museísticas do Concello de Ourense.Programadora artística de espazos expositivos  artísticos.Coordinadora  artística en xestión de  proxectos.
Asesora en xestión de doazón e comodatos de coleccións, así como de publicacións artísticas.

Leave a comment

top