search
top

Visións da Camelia

A Fundación CEO, en colaboración coa Fundación Cum Laude, presenta unha orixinal exposición, un regalo de vida, un premio aos sentidos e unha homenaxe á flor viaxeira, universal e resistente. A camelia, desde a percepción de once pintores galegos, protagoniza unha mostra única, singular e chea de variedades nas técnicas, no estilo, nas tendencias e nos matices.

Son once xeitos de concebir a arte e once maneiras de expresar a eclosión da Natureza e de plasmar a flor da interminable escala de cores, figuras e texturas.

Visións da Camelia

Lugar: Condederación Empresarial de Ourense, Praza das Damas 1, Ourense.
Datas: do 26 de marzo ao 19 de abril
Horario: Mañás de 8:30 a 14:00; tardes de 16:00 a 20:00

Leave a comment

top