search
top

Escenografías para belenes

A proposta está no Ateneo de Ourense, chega da man de Carro Artesanos, unha empresa de recente creación nacida da inquietude artística da súa responsable Paz Carro Senra, involucrada de xeito profesional no mundo belenista nos últimos 15 anos. 

As pezas elabóranse de modo totalmente artesanal, utilizando para elo materiais naturais como ramas, area, cortiza, barro, vexetación…, e outras como xeso, polistireno, madeiras, etc, co que se pretende que cada peza sexa unha obra única.

Leave a comment

top