search
top

Ciclo Cine de Outono en Ribadavia

venres, 16 de novembro 20.00 h

Los materiales (Los Hijos, 2009) A deslocalización no espazo e no tempo provocada na bisbarra de Riaño levou á súa poboación ao desarraigamento, á perda de identidade, a unha constante rememoración dun tempo pasado. ‘Los materiales’ afonda neste drama a través de imaxes de persoas inmóbiles, recortadas contra un horizonte sen perspectiva e de conversacións sobre a desorientación espacial e xeográfica.

venres, 23 de novembro 20.00 h 

Circo (Los Hijos, 2010) | Duración: 73 minutos. Este filme retrata sistemáticamente un día de circo dunha nova familia de artistas que se desprazan polo norte de España facendo do traballo unha forma de vida.

venres, 30 de novembro 20.00 h. 

El sol en el sol del membrillo (Los Hijos, 2008). Un lenzo inacabado, presuntamente pintado por Antonio López, resiste as acometidas da natureza e do clima durante unha semana. A través deste argumento analízase a relación do autor cinematográfico e a representación da paisaxe.

Ya viene, aguanta, riégueme, mátame (Los Hijos, 2009). Actualización estética de catro secuencias icónicas da historia do cine español. A cámara sitúase nos puntos exactos onde se rodaron os planos das películas orixinais pero sen son, sen actores e sen iluminación.

Leave a comment

top