search
top

A Coral de Ruada

ROMARÍA DOS AMIGOS DA CORAL “DE RUADA” EN OSEIRA

O día de San Xoán de 1919 presentouse a Coral “De Ruada” ó público ourensán e, para celebralo, convida tódolos anos ós seus Amigos, por esas datas, a participar na tradicional ROMARÍA DOS AMIGOS.

A romaría terá lugar, como xa é tradicional, en OSEIRA, o domingo día 23 de xuño, e comezará ás 13,00 horas coa celebración da Santa Misa oficiada polo bispo de Ourense, Monseñor D. Leonardo Lemos Montanet, e cantada pola Coral. Despois, xuntarémonos todos na carballeira para celebrar o xantar e maila festa.

A Coral agasallará ós seus amigos con pan de Cea, viño e refrescos. Ademais, haberá postos de carne e polbo. Ás 11,00 horas sairá un autobús do Parque de San Lázaro (fronte á Subdelegación do Goberno) para trasladar a tódolos Amigos que o precisen. Regresará á tardiña.

Agardamos que a ROMARÍA, unha vez máis, sirva para pasar un día inesquecible e fortalecer a nosa amizade.

 

 

MEDALLAS CASTELAO

Como xa saberás, a Xunta de Galicia acordou conceder á Coral “De Ruada” unha das Medallas Castelao 2013.

O día 28 de xuño iremos recollela a San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, sabendo que contamos co alento e o apoio dos nosos bos Amigos e de todo o pobo ourensán.

Leave a comment

top