search
top

Mércores de Decembro no Cineclube Padre Feijoo

Cineclube Padre Feijoo remata o ano agradecendo a fidelización do público e compromiso do mesmo, ( presentando o público asistente, algún dos filmes da tempada).

Para elo programa para este mes decembro, o ciclo FILMES SELECCIONADOS, no que dous, dos títulos xa foron seleccionados polos que presentaron as películas, e un terceiro, queda a merced do que o público dispoña antes do 19 de decembro (data de proxección). Este filme sorpresa, para facilitar a súa disponibilidade, ten dúas opcións de elección, e o título do mesmo será un misterio ata o mesmo día; sendo as pistas que se espallen pouco a pouco pola rede, a única posibilidade de adiviñanza, puidéndose votar o elexir diante da caixa de correo do cineclube, twiter e facebook . O detalle e información do ciclo é como sigue:

  • mércores 5 decembro 2012

Pases 18 e 21 h.Cinebox Ourense (Atención ao horario deste filme, por motivo da duración!)

R.A.F. Facción do Exército Vermello (Der Baader Meinhof Komplex).

(2008, Alemaña) Dirección: Uli Edel

>Premios e mencións. Nominada ao Oscar ,Globo de ouro e BAFTA 2008: Mellor película de fala non inglesa. 3 Nominacións Premios do cine europeo 2009, incluíndo actor e premio do público.

>Sipnose. Alemaña, década dos 70: violentos atentados terroristas sacuden os alicercer da aínda fráxil democracia xermana. Os fillos radicalizados da xeración nazi, dirixidos por Andreas Baader (Moritz Bleibtreu), Ulrike Meinhof (Martina Gedeck) e Gudrun Ensslin (Johanna Wokalek) libran unha guerra mortal contra o que consideran o novo do fascismo: o imperialismo americano respaldado polo goberno alemán. O seu obxectivo é criar unha sociedade máis humana pero, ao empregar medios inhumanos, non só provocan terror e morte, se non que eles mesmos vóltanse inhumanos. O home encargado de darlles caza, o xefe da policía alemana Horst Herold (Bruno Ganz), aínda que no fondo os comprende, sabe que o que representan é a punta dunha iceberg…

  • mércores 12 decembro 2012

Pases 18, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense.

As neves do Kilimanxaro (Les neiges du Kilimandjaro)

(2011, Francia) Dirección: Robert Guédiguian

>Premios e mencións. Premio do Público e Espiga de Plata na SEMINCI 2011 (Festival de Valladolid). Nominada á mellor actriz (Ariane Ascaride) nos Premios Cesar 2011 e sección oficial a concurso (sección “Un certain regard”) no Festival de Cannes. 

 >Sipnose. A pesar de perder o seu traballo, Michel vive feliz con Marie-Claire desde fai trinta anos. Os seu fillos e netos o enchen de ledicia. Ten amigos moi cercanos. Están orgullosos das súas actividades sindicais e políticas. As súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero ese benestar salta polos aires cando dous homes armados e enmascarados os golpean, atan e fuxen coas súas tarxetas de crédito.

  • mércores 19 decembro 2012

Pases 18, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense

Proxección sopresa (depende da túa elección)

(Un trhiller ou unha comedia?)

Pistas sobre os filmes opcionais; a crítica dixo sobre eles:

Opción 1:

“Thriller contemporáneo delicioso. (…) pura e desagradable diversión. (Stephen Holden, The New York Times)

“Thriller apaixoante” (Anna Smith, Empire)

Opción 2:

“Espléndidamente fotografada cun tono monocromático que evoca á ‘Manhattan’ de Woody Allen” (Patrick Peters, Empire)

“Romántica comedia, con diálogos brilantes e persoaxes que van medrando en intensidade” (Jordi Batlle, Fotogramas)

 

………

No clip que anuncia a programación de decembro, aparecen algunhas imaxes das opcións. Tamén é sinxelo atopalo no portal de videos “Youtube” co título do ciclo (Filmes seleccionados) 

Como elexir? Mandar un simple correo, [cineclubepf @ gmail.com ], e no asunto da mensaxe; poñer 1 ou 2, dependendo da túa preferencia. (ollo,  Non contarán nin se abrirán, aqueles correos con ficheiros adxuntos.) Elixe antes do 19 de decembro o filme que descoñeces, pero que… que te sorprenderá !!!

Tamén pódese comentar, conquerir máis pistas, e participar, no twiter e no faceboof do cineclube.(Búscanos).

Máis información http://cineclubepf.blogspot.com.es/2012/11/filmes-seleccionados.html

O tráiler coa programación, e pistas do filme sorpresa a seleccionar: 

http://www.youtube.com/watch?v=hvfa-XYsl34

Por último e non menos importante, a programación do Cineclube, conta sempre coa colaboración da Federación de cineclubes de Galicia, (apoiada polo Axencia Galega de Industrias culturais) , e en teoria, coa Concellaría de cultura do Concello de Ourense (que aínda a estas alturas do ano, -finais de novembro de 2012- non resolveu se merecemos ou non, axuda pola programación desenvolta durante todo o ano).

Leave a comment

top