search
top

Actividades Ateneo Ourensano

Xoves 26, ás 20:00 horas: “Os lumes en Galicia e a súa especial incidencia na provincia de Ourense”. Participan: Iago Borrajo, Delegado Medio Rural Ourense. David Fernández Calviño, Enx. De Montes e Deputado no Parlamento de Galicia por AGE. Mª José Grovas Garaboa, Brigadista forestal e Membro de EQUO Galicia. Vicente Otero Santiago, Técnico forestal. José Manuel Rodríguez Pérez, Director Técnico da empresa Bioconstruirnos. Modera: Monstse Valencia,l Xurista ambiental e co-voceira de EQUO Ourense.

Venres 27, ás 20:00 horas: Concerto de acordeón a cargo da Profesional de acordeón Noelia González López do CMUS.

Ata o luns 30: Exposición:”Todo comenzó como un sueño…” Coincidindo co 57 Aniversario da Fundación de Benposta. La Ciudad de los Muchachos, en virtude do Convenio de Colaboración subscrito entre a Fundación Benposta e o Ateneo de Ourense inaugurase a Exposición TODO COMENZÓ COMO UN SUEÑO… 57 Aniversario de la Fundación de Benposta.

A Exposición recolle os orixes da “Ciudad de los Muchachos” e o Circo fundado por o “Padre Silva” que recorreu os cinco continentes así como a mostra dos principios pedagóxicos do Proxecto “Ciudad de los Muchachos”. Esta Exposición montouse ao dedicarse a Romaría RAIGAME de Vilanova dos Infantes ao mundo do Circo homenaxeando expresamente a Don Secundino Feijoo e ao “Padre Silva” e agora temos o gusto de expola a todos os nosos veciños de Ourense.
2.- Colaboración artística:Esta liña de colaboración iniciada por Uxía Veiga de cesión da súa obra para venta en beneficio, ao 100 % para o Ateneo e continuada por:
– Xosé Rivada coa cesión unha escultura ao 50%, – Xosé Rivada coa cesión unha pintura ao 50%. – Armando Martínez unha escultura ao 50 %. – Julia Rey Rodríguez un pintura ao óleo, ao 100 %. – Victor Barro unha fotografia ao 50 %.
3.- Dende o pasado Día do Libro, o Ateneo de Ourense convértese en biblioteca aberta, un punto de encontro para os amantes dos libros e da lectura, con sistema gratuíto de “liberación” de libros. bookcrossing.com,

Leave a comment

top