search
top

Actividades da Coral de Coral

Coral “De Ruada” organiza -co patrocinio da Concellería de Cultura, do Concello de Ourense e coa colaboración do teatro Principal- o VII CERTAME “DE RUADA” dentro da programación das Festas do Corpus de Ourense 2013. O programa deste VII Certame é o seguinte:

Sábado, día 15 de xuño: 

• Teatro Principal, 20,30 horas. Coral Isidoriana (León).

Domingo, día 16 de xuño: • Santa Igrexa Catedral de Ourense, 12,00 horas. Misa cantada pola Coral Isidoriana (León).

Sábado, día 22 de xuño: 

• Teatro Principal, 20,30 horas. Abertal (A Rúa – Ourense). Cántigas da Terra (A Coruña).

Domingo, día 23 de xuño: 

• Igrexa do Mosteiro de Oseira, 13,00 horas. Misa cantada pola CORAL DE RUADA.

• Carballeira de Oseira, 14,00 horas. Xantar e Romaría dos Amigos da CORAL DE RUADA.

Xoves, día 27 de xuño: 

• Teatro Principal, 20,30 horas. CORAL DE RUADA: Concerto dos Amigos da CORAL DE RUADA.

Domingo, día 30 de xuño: 

• Praza Maior, (Tarde-noite, en horario por determinar). Escola d Danza Castro Floxo da Deputación e Coral de Ruada.

As invitacións para o CONCERTO DOS AMIGOS da Coral “De Ruada” deberán recollerse tal como se indica no último apartado da páxina anterior. As invitacións para o concerto dos días 15 e 22 poden recollerse no teatro Principal nos horarios habituais.

A novidade deste ano é o concerto que a Coral “De Ruada” ofrecerá na Praza Maior, xunto co magnífico conxunto da Escola de Danza Castro Floxo da Deputación de Ourense, como peche das Festas Ourense 2013. Lembramos que De Ruada concedeu, no ano 2011, o II Premio Xabier Prado “Lameiro” a esta agrupación.

O xoves, día 27 de xuño, a Coral “De Ruada” ofrecerá o tradicional CONCERTO DOS AMIGOS no teatro Principal ás 20,30 horas. Os AMIGOS da Coral “De Ruada” poderán recoller no propio teatro as invitacións para asistir ó mesmo os días 25, 26 e 27 (de 11,30 a 13,00 horas), previa identificación como AMIGO da Coral.

As invitacións non retiradas polos AMIGOS da Coral “De Ruada” serán ofrecidas ao público o mesmo día do concerto, 27 de xuño, de 19,30 a 20,30 horas.

Leave a comment

top