search
top

El método Grönholm en Ourense

El método Grönholm llega al Teatro Principal de Ourense, patrocinado por el mismo Teatro Principal y la Deputación Provincial de Ourense, y con la colaboración de la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria.

La cita es para la tarde del DOMINGO día 20 a las 19:00h.

 

 

PROPOSTA:

A proposta de Galcerán é portadora dun corrosivo compoñente crítico disfrazado de ideoloxía neoliberal, dunha carga de cinismo nada despreciable e dunha impresionante capacidade para xogar “perigosamente” con cousas serias co mesmo talante que se estivese xogando á brisca ou ás prendas. O método Grönholm é un xogo constante entre verdades e mentiras. Un xogo un pouco perverso, tal vez, por que as emocións e os sentimentos das personaxes son manipulados e sacudidos sen pudor nin compaixón algunha. Algo que resulta escandalosamente normal na sociedade contemporánea.

ACOMPAÑÍA:

Talía Teatro é unha compañía teatral creada en 1988, cun selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro. Hoxe, 24 anos despois do seu inicio, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior prestixio e repercusión e ten afianzado un proxecto empresarial que xenera cultura e ilusión, ao mesmo tempo que consolida un equipo de traballo estable. Desde os seus inicios, a compañía perseguiu a dignificación do teatro. Aínda que se dirixe a un amplo abano de espectadores, tamén presta unha especial atención ao teatro infantil e xuvenil por que considera que a creación de novos públicos é unha das asignaturas pendentes do teatro feito en Galicia. O traballo da compañía ten sido merecedor de numerosos premios polas súas montaxes

TEXTO:

O método Grönholm (El mètode Grönholm) chega ao Teatro Nacional de Cataluña no mes de maio de 2003. Baixo a dirección de Sergi Belbel obtén un éxito sen precedentes. No 2004 estréase en Madrid, da man de Tamzin Towsend, chegando a ampliar unha temporada máis nas dúas cidades. O método Grönholm ofrece unha reflexión sobre a deshumanización do capitalismo salvaxe. Representada en máis de 50 países, O método Grönholm foi vista por máis de 2.000.000 de persoas. En 2005 o director arxentino Marcelo Piñeyro realizou unha adaptación cinematográfica (O Método).

Xúlio Lago, un dos directores de escena de maior prestixio do panorama teatral galego. Dirixiu máis de 30 montaxe e participou activamente na creación dunha estructura teatral galega centro dramático, asociacións-profesionais,.. Os seus espectáculos caracterízanse por unha coidada posta en escena.

Leave a comment

top