search
top

Cita no Museo do Pobo Galego

11 de maio, dende as 11 ata as 19 horas

QUEDADA 2013

Museo do Pobo Galego

Participantes: Xentes da cultura galega, artistas, escritores, músicos, xentes da danza, do teatro e amigos en xeral da cultura galega.

Obxecto: Amosar o noso apoio rádical a nosa cultura dun xeito vivo, libre e lúdico

Mais información: Mercedes Rozas 677339522 e Antón Sobral . 629818199

O día 11 de maio o colectivo Arou  promove unha xornada de convivencia aberta a autores dos diferentes ámbitos das artes plásticas, a danza, o teatro e a literatura, que terá como marco o Museo do Pobo Galego e os xardíns de Bonaval. As salas e claustro desta institución así como o parque que a rodea preténdense converter en ágora alternativa de creación para artistas e escritores que dende as 11 da mañá ata as sete da tarde reivindicarán coa súa presenza, e nestes momentos tan difíciles para a cultura, o seu compromiso coa mesma.

Os autores que desexen participar poderán facelo, creando in situ, debuxando, pintando escribindo… nas súas salas e adro, entre as pezas do museo nunha interacción directa cos fondos ou ben ao aire libre nunha harmónica relación coa cor e a luz da natureza.

Este encontro de carácter lúdico está previsto que se inicie cunha recepción por parte dos responsables do museo ás once da mañá.Cara ao final da xornada, a iso das seis da tarde, debaterase no auditorio do centro, nunha asemblea aberta, sobre distintos temas relacionados coa arte e a creación.

Desta xornada darase conta aos medios, nunha convocatoria coa que se desexa patentizar dalgún modo o voluntarioso esforzo conxunto de artistas e institucións, neste caso o Museo do Pobo Galego, que en tempos tan pouco prometedores, reúnen esforzos coa intención de achegar o seu gran de area na rexeneración do tecido cultural deste país.

 COLECTIVO AROU

Leave a comment

top