search
top

CineClube Padre Feijoo

ADIANTO DA PROGRAMACIÓN DO CINECLUBE PADRE FEIJOO, ABRIL E MAIO DE 2013

(Proxeccións, no Cinebox Ourense; Centro C. Pontevella)

[Cota xeral de entrada; 4€]

Durante os meses de abril e maio (agás, o festivo 1 de maio), faremos un repaso de directores consagrados e outros, que se inician, pero que no seu estilo inicial, permiten adiviñar unha marca definitoria do seu carácter. Con eles, rematamos a primeira parte da témpada 2013 co ciclo denominado “CINE DE AUTOR”.

Estes dous meses repasamos as últimas obras; do francés François Ozon (considerado o “Almodóvar francés”), do ruso (con estilo semellante ao polaco Krzysztof Kieślowski) Andrei Zvyagintsev, do americano Paul Thomas Anderson, dos irmás Paolo e Vittorio Taviani, do luso Miguel Gomes (que xa dera que falar co anterior filme “Aquele querido mes de agosto”), do novel; Benh Zeitlin (que nos descobre un universo fantástico, co seu primeiro filme) e dos polémicos Michael Haneke e Leo Carax.

O tráiler do programado

https://www.youtube.com/watch?v=oCSvFEbAYKk


> O resumo, coas datas:

  • Mércores, 3 de abril de 2013

Na casa “Dans la maison” (Francia, 2012) 105 min. 

Director: François Ozon

  • Mércores, 10 de abril de 2013

Elena(2011, Rusia) 109 min. 

Director: Andrei Zvyagintsev

  • Mércores, 17 de abril de 2013

The Master (2012, EE.UU) 137 min. 

Director: Paul Thomas Anderson

  • Mércores, 24 de abril de 2013

César debe morrer “Cesare deve morire” (2012, Italia) 76 min. 

Director: Paolo Taviani, Vittorio Taviani

  • Mércores, 8 de maio de 2013

Tabú “Tabu” (2012, Portugal) 118 min. 

Director: Miguel Gomes

  • Mércores, 15 de maio de 2013 

Bestas do sur salvaxe “Beasts of the Southern Wild” (2012, EE.UU) 91 min. 

Director: Benh Zeitlin

  • Mércores, 22 de maio de 2013

Amor “Amour” (2012, Austria) 127 min. 

Director: Michael Haneke

  • Mércores, 29 de maio de 2013

Holy Motors (2012, Francia) 115 min. 

Director: Leos Carax

 

Dejar un comentario

top