search
top

Cineclube Carballiño

De volta! Este venres 27 iniciase unha nova tempada. Chegaremos á sesión número 100 dende a reaparición do Cineclube Carballiño.

Haberá pinchos e bebidas incluidos no prezo da entrada! A película escollida para retomar a nosa actividade é CHARADA, de Cary Grant e Audrey Hepburn. Antes de dito filme proxectarase a curtametraxe «LOLA» de Alfredo Pardo. A continuación detallamos os xeitos de pagamento.

  • Pagamento de unha sóa cuota anual por 60€ coa cal tes dereito a tódalas* películas que botemos durante a tempada. Isto compénsalle tan só os traballadores. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha cuota mensual de 5€ se es estudante (E), parado (P) ou xubilado (X) ou 10€ se es traballador (T). Así terás dereito ao visionado de tódalas* películas que proxectemos ese mes**. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha única entrada por 2,5€ para E,P ou X ou por 5€ para T.
  • NOVIDADE!!! Este ano incluímos a posibilidade de poder mercar bonos de películas, isto é que podes mercar un bono de catro películas xuntas (a usar nos filmes que desexes) e agasallámoste cunha quinta película totalmente de balde! O custo destes bonos son de 10€ para E,P ou X ou 20€ para T.* Este bono é completamente transferible e incluso o podedes mercar entre varios e así aforrar. Por exemplo, un grupo de 5 amigos pode mercar un bono e gastalo no mesmo filme ou unha persoa o pode mercar e regalarllo a outra.

* Os bonos non inclúen peliculas que se proxecten dentro de algún posible ciclo de varios días.

**Co primeiro bono mensual tes dereito a ver tódalas películas que aparecen na ligazón.

Blog para información:

Leave a comment

top