search
top
  General

Notas con Vicente Risco

O mércores día 5, ás 18:00 horas no Salón Progreso do Centro Cultural da Deputación de Ourense, terá lugar a presentación do libro «Teixeira de Pascoaes – Vicente Risco (Epistolario)».

Transcrición e estudos introdutorios a cargo das profesoras da Universidade de Porto Celeste Natário e María Luísa Malato e do Profesor Delfín Caseiro Nogueiras.

No mesmo acto terá lugar a presentación do PREMIO DE XORNALISMO LITERARIO VICENTE RISCO- TEIXEIRA DE PASCOAES, promovido conxuntamente pola Fundación Vicente Risco, Câmara Municipal de Amarante e Deputación Provincial de Ourense.

Russian Ballet of Moscow

The Crown of Russian Ballet of Moscow representa esta obra única captando la esencia, la belleza de la historia y la armonía de la música de Tchaikovsky.

La joven reina Odette es víctima del hechizo del terrible brujo Von Rothbart, que la convierte en cisne y únicamente le permite adoptar forma humana durante la noche. El hechizo acabará cuando un hombre le jure amor eterno. Sigfrido se enamora de Odette pero el malvado brujo le pondrá todo tipo de trabas para impedir su amor.

Entradas a la venta en servinova.com y el mismo día en la taquilla del auditorio.

martes, 11 de decembro 20.30 h, Auditorio Municipal – Ourense.

Mércores de Decembro no Cineclube Padre Feijoo

Cineclube Padre Feijoo remata o ano agradecendo a fidelización do público e compromiso do mesmo, ( presentando o público asistente, algún dos filmes da tempada).

Para elo programa para este mes decembro, o ciclo FILMES SELECCIONADOS, no que dous, dos títulos xa foron seleccionados polos que presentaron as películas, e un terceiro, queda a merced do que o público dispoña antes do 19 de decembro (data de proxección). Este filme sorpresa, para facilitar a súa disponibilidade, ten dúas opcións de elección, e o título do mesmo será un misterio ata o mesmo día; sendo as pistas que se espallen pouco a pouco pola rede, a única posibilidade de adiviñanza, puidéndose votar o elexir diante da caixa de correo do cineclube, twiter e facebook . O detalle e información do ciclo é como sigue:

  • mércores 5 decembro 2012

Pases 18 e 21 h.Cinebox Ourense (Atención ao horario deste filme, por motivo da duración!)

R.A.F. Facción do Exército Vermello (Der Baader Meinhof Komplex).

(2008, Alemaña) Dirección: Uli Edel

>Premios e mencións. Nominada ao Oscar ,Globo de ouro e BAFTA 2008: Mellor película de fala non inglesa. 3 Nominacións Premios do cine europeo 2009, incluíndo actor e premio do público.

>Sipnose. Alemaña, década dos 70: violentos atentados terroristas sacuden os alicercer da aínda fráxil democracia xermana. Os fillos radicalizados da xeración nazi, dirixidos por Andreas Baader (Moritz Bleibtreu), Ulrike Meinhof (Martina Gedeck) e Gudrun Ensslin (Johanna Wokalek) libran unha guerra mortal contra o que consideran o novo do fascismo: o imperialismo americano respaldado polo goberno alemán. O seu obxectivo é criar unha sociedade máis humana pero, ao empregar medios inhumanos, non só provocan terror e morte, se non que eles mesmos vóltanse inhumanos. O home encargado de darlles caza, o xefe da policía alemana Horst Herold (Bruno Ganz), aínda que no fondo os comprende, sabe que o que representan é a punta dunha iceberg…

  • mércores 12 decembro 2012

Pases 18, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense.

As neves do Kilimanxaro (Les neiges du Kilimandjaro)

(2011, Francia) Dirección: Robert Guédiguian

>Premios e mencións. Premio do Público e Espiga de Plata na SEMINCI 2011 (Festival de Valladolid). Nominada á mellor actriz (Ariane Ascaride) nos Premios Cesar 2011 e sección oficial a concurso (sección «Un certain regard») no Festival de Cannes. 

 >Sipnose. A pesar de perder o seu traballo, Michel vive feliz con Marie-Claire desde fai trinta anos. Os seu fillos e netos o enchen de ledicia. Ten amigos moi cercanos. Están orgullosos das súas actividades sindicais e políticas. As súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero ese benestar salta polos aires cando dous homes armados e enmascarados os golpean, atan e fuxen coas súas tarxetas de crédito.

  • mércores 19 decembro 2012

Pases 18, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense

Proxección sopresa (depende da túa elección)

(Un trhiller ou unha comedia?)

Pistas sobre os filmes opcionais; a crítica dixo sobre eles:

Opción 1:

«Thriller contemporáneo delicioso. (…) pura e desagradable diversión. (Stephen Holden, The New York Times)

«Thriller apaixoante” (Anna Smith, Empire)

Opción 2:

«Espléndidamente fotografada cun tono monocromático que evoca á ‘Manhattan’ de Woody Allen” (Patrick Peters, Empire)

«Romántica comedia, con diálogos brilantes e persoaxes que van medrando en intensidade” (Jordi Batlle, Fotogramas)

 

………

No clip que anuncia a programación de decembro, aparecen algunhas imaxes das opcións. Tamén é sinxelo atopalo no portal de videos «Youtube» co título do ciclo (Filmes seleccionados) 

Como elexir? Mandar un simple correo, [cineclubepf @ gmail.com ], e no asunto da mensaxe; poñer 1 ou 2, dependendo da túa preferencia. (ollo,  Non contarán nin se abrirán, aqueles correos con ficheiros adxuntos.) Elixe antes do 19 de decembro o filme que descoñeces, pero que… que te sorprenderá !!!

Tamén pódese comentar, conquerir máis pistas, e participar, no twiter e no faceboof do cineclube.(Búscanos).

Máis información http://cineclubepf.blogspot.com.es/2012/11/filmes-seleccionados.html

O tráiler coa programación, e pistas do filme sorpresa a seleccionar: 

http://www.youtube.com/watch?v=hvfa-XYsl34

Por último e non menos importante, a programación do Cineclube, conta sempre coa colaboración da Federación de cineclubes de Galicia, (apoiada polo Axencia Galega de Industrias culturais) , e en teoria, coa Concellaría de cultura do Concello de Ourense (que aínda a estas alturas do ano, -finais de novembro de 2012- non resolveu se merecemos ou non, axuda pola programación desenvolta durante todo o ano).

JULIO SEQUEIROS TIZÓN

¿Nos rescatarán finalmente?

¿continuará creciendo el desempleo?

¿nos subirán aún más los impuestos?

¿hacia donde vamos ?

¿hay dos Europas?

 

HOY a las 20.00 en la CEO  TIENES LA OPORTUNIDAD DE HACERLO 

CONFERENCIA DE JULIO SEQUEIROS TIZÓN

Doctor en CC. Económicas y Empresariales , 1981. Docteur d´État ès-Sciences Économiques et Droit, 1987. Catedrático de Estructura Económica. Universidad de La Coruña Director Departamento Economía Aplicada I. Vicepresidente de la Sociedad de Economía Mundial. Contertulio en TV y articulista en prensa.

Aniversario de a.dFuga

Primeiro aniversario, o día 1 de Decembro ás 20h.

:: Desfile AM (Arte e Moda)::

. Pases dos deseños de artistas e deseñadores emerxentes (Basilisa Fiestras, Pily Montes, Carla López, Sandra Fuentes, Ana Rodríquez, Sheila Pazos,  Javier Navarro…)

. Estudio de fotografía e vídeo a cargo das artistas Tania Pérez e Zaira Barcia, no que os asistentes ó desfile se poderán retratar.

. Música instrumental en directo dos alumnos da Academia Da Vinci de Noia.

. Estará presentado polo periodista Carlos Roma.

Estas e outras sorpresas máis o día 1 de decembro!! Reserva praza: info@apuntodfuga.com / 671322172

Entrada + viño + picoteo = 3 euros/persoa. Aforo limitado.

E para abrir boca, o mesmo día 1 de Decembro de 11.30 a 13.30 h, as artistas Basilisa Fiestras e Paula Cabaleiro impartirán o Taller Creativo Arte-Papel-Tesoiras , para nenos de 4 a 12 anos, sós ou acompañados dun adulto. Reserva a túa praza.

 

top