search
top

grupo de colectivos de EsCuA

O grupo de colectivos de EsCuA, diante da dilapidación de cartos públicos de todos os cidadáns, (a pesar da Constitución española) en promocionar un credo relixioso, (cabalgatas, belens,…) organiza unha noite de xoldra, a modo de festival ou concerto de panxoliñas; contra o nadal e a autoridade competente. (Si, non a todo mundo lle gostan estas datas!)

A actividade -con diferentes nomes en anteriores citas- chega a súa 3ª edición, co nome FECAL (Festival ecuménico da canción atea e libertaria), e se desenvolverá na tetería cervexaria Grândola (sita na praza S. Marcial do casco histórico) o día 27 de decembro, a partir das 20 horas. 

O formato, diferénciase do ano pasado -no que se parodiaba os telemaratóns televisivos da época de nadal- e adopta o formato orixinal puro de festival de cancións pouco ensaiadas, pero perfectamente enraizadas coa situación de crise actual, e non só económica. Para aderezar a actividades, e profundizar no estilo da gala,  graváronse algúns skechs ou gags que se intercalarán entre as actuacións dos grupos participantes. Como o ano pasado esta en fase de montaxe, un videoclip que se estreará ao rematar o FECAL.

A actividade é gratuíta, recomendando certa atelación na asistencia; polo reducido do aforo (obrigado no interior dun local por cuestións climáticas) e dada a experiencia doutras edicións, nas expectativas de completar o aforo.

Sen incomodidades de aforo, retransmítese en directo pola redehttp://bambuser.com/channel/Escua

 

Leave a comment

top