search
top

MÚSICA MEDIEVAL en GALICIA

Hoxe 5 de xuño ás 12:30 no Centro Cultural Marcos Valcarce da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da

I SEMANA DE MÚSICA MEDIEVAL EN GALICIA

(ALLARIZ 23 A 29 DE AGOSTO DE 2013)

Aínda que a SEMANA xira arredor do curso, está dedicada a difundir o máis importante patrimonio musical do ámbito “culto”da Historia de Galicia: a Música Medieval. Unha aproximación e profundización nese marabilloso tesouro a través do traballo das técnicas e principios de interpretación da música medieval. Alén do curso, a Semana de Música Medieval  comprenderá unha serie de actividades como concertos, conferencias, visitas e outros eventos que pretenden pór en valor a importancia patrimonia deste territorio regado polo Arnoia e servir de reclamo académico, cultural, turístico e de posta en valor destas terras do interior.

Coordinada por RESONET MÚSICA ANTIGA e impartido por profesores especializados nos distintos instrumentos e materias: laúdes (laúde medieval, cítola…), frautas, zanfonas, gaitas, chirimías, percusións e fídulas, … E unha dedicación especial ao canto e ás actividades de conxunto instrumental/vocal que na presente edición dedicaranse ás Cantigas de Santa María de Afonso X “O Sabio”.

Aínda que centrado en Allariz, onde ten a súa sede a Fundación Vicente Risco, esta actividade pretende ter unha dimensión internacional no que respecta á validez dos seus contidos e importancia do repertorio. Así como buscar a complicidade doutros concellos do alto Arnoia (Maceda, Xunqueira de Ambía, Celanova, ..)

 Pode descargar o programa en:

 http://www.fundacionvicenterisco.com/gfx/Descargas/musicantiga_web.pdf

Leave a comment

top