search
top

Roteiro polas orixes

O Ateneo de Ourense organiza para o vindeiro día 6 de agosto ás 20:30h un “Roteiro polas orixes de Ourense”.

Neste “Roteiro” visitaremos a Praza Maior, as Burgas, Santa María Madre, a Praza da Madalena, a Praza do Trigo…

Quen queira participar a de inscribirse no Ateneo de Ourense, Avda. Habana, 25-baixo, ata o día 31 xullo (horario: 10 a 13:30 e de 17 a 21 h), ou no mail: ateneo.deourense@gmail.com ata o día 5 de agosto, ou no lugar da cita (Praza Maior, escaleiras do Museo Arqueolóxico) o mesmo día 6 ás 20:15 horas.

Os prezos serán: Para Socios do Ateneo: 2€. Para no-Socios: 5€.

Inclúe guía. Actuará como guía o profesor don José Manuel Barbosa Álvarez, historiador, académico de AGLP, poeta e articulista.

O lugar da cita e a Praza Maior, nas escaleiras do Museo Arqueolóxico ás 20:15 horas e o programa é o seguinte:

1- Burgas e Praza Maior - Orixe e fundación de Ourense - Roma en Ourense.

2- O Ourense Suevo - Santa María Madre - Praza da Magdalena.

3- O Ourense Medieval.

Ao final completaremos o “Roteiro” con quen lles apeteza cunha visita aos bares máis emblemáticos da cidade na zona dos viños onde se pode degustar os pinchos típicos.

Leave a comment

top