search
top

O Monólogo Poético-Musical

OUTLET é o título do novo proxecto de Juan Carballo, que vén de financiar de xeito colectivo a súa vindeira publicación logo de sumarse ó CROWDFUNDING en Verkami para sacar á luz ó seu 5º traballo e poñer en marcha un MONÓLOGO POÉTICO-MUSICADO e que esta tarde se presenta en O Carballiño, nun acto que organiza Escolma LIbraria.

Como en tódolos anteriores proxectos, Volta ás Rías Galegas en verso, A Casa do Poeta e A máquina do tempo pretende lavarlle a cara á poesía e continuar honestamente, facendo deste xénero algo común e popular. Achegándoa en espazos onde non é habitual representar.

Dirixíndose sempre a ese público, que quizais, nunca tivo contacto con el ou acostumado a outro tipo de libros e formatos. Juan Carballo & Nacho Pérez, coñecido guitarrista de jazz, mestuarán a través de historias cotiás, un mundo cheo de palabras, humor e matices musicais que fan única cada actuación.

Leave a comment

top