search
top

Debuxar é a honestidade da arte

“Debuxar é a honestidade da arte” dicía Salvador Dalí. Por iso, o home tivo, de sempre, a necesidade de plasmar ou representar imaxes reais ou imaxinadas.

Unha exposición do Museo de Lugo analiza o debuxo na arte galega a partir de creadores nados no século XIX. De Pérez Villaamil a Mampaso pasando por Bello Piñeiro, Castelao ou Maruja Mallo esta escolma ofrece unha variedade de artistas de diferentes estilos: románticos, modernistas, minimalistas, surrealistas ou abstractos.

. Obradoiros para nenos. Impartidos polo Departamento de didáctica Museo Provincial de Lugo “Aproximación ás técnicas e aos materiais do debuxo artístico a través da obra de autores galegos” (A cargo de Lucila Yáñez Dpto. de Belas Artes): venres 14 de xuño ás 19:00 h.

. Visita técnica guiada a cargo da comisaria Aurelia Balseiro García: xoves 4 de xullo ás 19:30 h.

O DEBUXO NA ARTE GALEGA CONTEMPORÁNEA

en Lugo ATA o MES de XULLO

Dejar un comentario

top