search
top

Anímate a crear!

III Concurso de marcapáxinas

dirixido a estudantes de 5º e 6º Primaria

 

TEMA: “O mundo do libro e a lectura” O debuxo (sen lemas ou frases) estará enmarcado nun rectángulo de cartolina branca de 18 x 5 cm e deberá deseñarse nunha soa cara. Non debe aparecer o nome do autor/a.

O último día para entregar os traballos será o día 15 de marzo de 2011 ás 20:00 h.Os marcapáxinas serán recollidos na librería Escolma onde cada participante cubrirá unha ficha cos seus datos de contacto.

O xurado estará constituído por: Sandra Vázquez Otero, deseñadora gráfica, Paloma Fernández, artista autodidacta e María Varela, estudante. O fallo do xurado darase a coñecer o día 27 de marzo.

Establécese un único premio consistente nun lote de material de debuxo. Será entregado ao gañador/a tras ser dado a coñecer o fallo do xurado. O marcapáxinas gañador será impreso e distribuído na Libraría Escolma no mes de abril.

O traballo premiado queda en propiedade da librería Escolma, quen se reserva o seu dereito de reprodución sen que lle sexan esixidos dereitos de autor. O feito de participar neste concurso implica a total aceptación das súas bases. Calquera imprevisto que non estea recollido nesta convocatoria será interpretado e resolto polo xurado.

**Podedes pasar por Escolma en Carballiño e recoller as bases**

 

Gañadora concurso 2011: María Millán Pérez (O Carballiño)

Gañadora concurso 2012: Carlota Álvarez Feijoo (Cea)

                                                                          

Dejar un comentario

top