search
top

Alexandro, Antón e Vidal

Ata o vindeiro mes de febreiro pódese ver no Centro Cultural Marcos Valcárcel a exposición: Alexandro Antón Vidal, unha mostra conxunta de tres artistas plásticos ourensáns Alexandro, Antón Lamazares e Vidal Souto.

A exposición exhibe obras actuais –principalmente de Alexandro e de Vidal Souto- e pinturas que amosan unha traxectoria, no caso de Lamazares, que colga obras datadas dende os anos oitenta ata a actualidade.

O catálogo da exposición inclúe textos explicativos das obras asinados por Luis González Tosar, Jaime Noguerol, António Gonçalves, Tareixa Taboada e Manolo Figueiras.

É a primeira vez que a arte galega reúne a tres dos máis grandes creadores contemporáneos de Galicia e faino no Centro Cultural Marcos Valcárcel, logo da exitosa exposición Pure Pop Arte que bateu record de asistencia con preto de 15.000 visitantes. Agora o triunfo da estética, das cores, das sensacións e da perspectiva enchen as salas expositivas do centro cultural ourensán para falar de vivencias e de pegadas na historia, traducidos por pinceis ás veces intuitivos, ás veces academicistas e por impactos no lenzo.

Leave a comment

top